Código Competencias do título
A8 Coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos.
A9 Orientar sobre os materiais didácticos e recursos educativos favorecedores da atención á diversidade.
A18 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención e de investigación sobre a incidencia e os efectos psicopedagóxicos da introdución de determinados medios, materiais e tecnoloxías no ensino.
A25 Desenvolver aptitudes e competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais.
B7 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B14 Sensibilización sobre a diversidade cultural.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.