Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros 30
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. 60
Aprendizaxe colaborativa A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación nas tarefas realizadas nas sesións interactivas e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a participación, o interese, a capacidade de razoamento, a actitude positiva, etc. 10
 
Observacións avaliación

 


Primeira oportunidade
(maio/xuño)

Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivas

A
cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes
apartados:
  • Sesións
    interactivas
    (actividades
    prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é
    obrigatoria e non son recuperables.
    A cualificación deste apartado está condicionada á asistencia e
    participación do alumno nas sesións programadas e á calidade nas entregas requeridas polo docente en cada sesión.
  • Traballos
    tutelados
    . Realizaranse,
    obrigatoriamente, dúas
    actividades
    academicamente
    dirixidas (AAD
    ), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Deberá entregarse un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación. As súas
    características e datas de entrega (non se terán en conta aqueles traballos entregados fóra do prazo) serán comunicadas polo profesorado o primeiro día de clase. A
    cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
    cada traballo.
  • Proba
    individual global de avaliación

    dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as
    interactivas.  Realizarase na data establecida no calendario
    oficial da Facultade.

Para obter
unha cualificación de aprobado é imprescindible obter unha media de polo menos 5 sobre 10
tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.


A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos
apartados.

O alumno que non acade o aprobado nalgunha das partes (traballos tutelados e/ou examen), a súa calificación da materia corresponderá a parte suspensa.



NOTA: A cualificación de sesións interactivas e traballos
tutelados só se garda durante un curso académico
.

Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas como o
que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica
que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):

Deberá poñelo en coñecemento do profesor/a aprimeira semana de clase.

Avaliarase mediante a realización dun traballo (30% da cualificación final) e unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte.


Ao alumnado que non acude regularmente as sesións interactivas  e realiza os dous traballos tutelados en grupo mais non acada o 80% de asistencia, teráselle en conta a cualificación obtida nos traballos (30% da cualificación final) e terá que realizar unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte.
NOTA: A cualificación dos traballos tutelados só se gardará durante un curso académico

Segunda oportunidade (xullo)

A avaliación farase do mesmo modo que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (traballos tutelados e/ou proba individual).

No caso dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas sesións interactivas, traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba individual e ter asistido como mínimo ao 80% das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.

No caso do alumnado non asistente ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.