Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A4 A5 A15 A53 A55 B2 B3 B9 B10 B19 C1 Ao longo do curso irase expondo ao alumnado diversas probas e/ou traballos curtos para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 20
Proba mixta A1 A4 A5 A15 A53 A54 A55 B1 B2 B9 B10 B19 Realizarase na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de carácter teórico-práctico, podendo conter preguntas tema, curtas e/ou tipo test. 50
Traballos tutelados A1 A4 A5 A53 A55 A56 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 B18 B19 C1 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. O profesorado da materia especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto na súa parte escrita como na oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcanzasen ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Haberá que superar ambas as partes, a teórica e a práctica para aprobar a materia.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo nos casos achegados no apartado de "Atención personalizada".