Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A12 A13 A21 A41 A57 A62 A63 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B15 B19 B22 B24 B25 C1 C3 C4 Avaliación de prácticas feitas nas clases interactivas. As prácticas terán que ver coa análise e investigación de distintos produtos mediáticos dirixidos á infancia asi como a aplicación da educación para os medios no campo da educación infantil. 30
Proba mixta A13 A62 B2 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B22 C1 C6 C8 Creación conxunta e colaborativa dunha proba escrita con preguntas cortas e de argumentación sobre os contidos do dossier e outros contidos traballados nas clases. 35
Presentación oral B5 B7 B12 B16 B17 B22 B25 C1 C3 C4 Avaliación da presentación do produto mediático creado. O produto mediático consistirá nunha performance como acción social creada en grupo, sobre algunha temática relacionada coa infancia, conectando a educación mediática coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Entre os criterios de valiación están que o guion acade claramente o obxectivo buscado; a calidade técnica e estética; que a presentación sexa atractiva onde se conte o proceso de creación e as aprendizaxes acadadas; e a intervención de todos os membros do grupo. 35
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo
de avaliación descrita levando a cabo os traballos ao longo das clases
e participando na creación da proba mixta (haberá que obter un mínimo de 5
puntos en cada un deles para aprobar).

Os estudantes que non
asistan de manera  xustificada ou non xustificada ao 80% das clases
terán que realizar de forma individual un examen escrito, un portafolio
individual coas prácticas e unha presentación oral do producto mediático
creado. As porcentaxes serán as seguintes: Portafolio 20%; presentación
oral 20%; exame escrito 60% (tendo que obter un mínimo de 5 puntos en
cada apartado para aprobar). Este modelo de avaliación aplicarase tamén
ao alumnado asistente que suspenda a materia na convocatoria de xuño e a aqueles que se presenten na 2º
oportunidade de xullo.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a
condición de estudante a tempo parcial como a dispensa académica
especial terán que asistir ao 100% das clases expositivas sendo
avaliados da seguinte manera: traballos tutelados 35%; presentación oral
35%, proba mixta 30%.