Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría) antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor ou profesora poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.
A aprendizaxe colaborativa realizarase en pequenos grupos que traballarán a partir de distintos documentos sobre aspectos relacionados coa materia. O profesor ou profesora orientará individualmente o traballo dos grupos, dando pautas para inicialo, revisando o proceso, resolvendo dúbidas e valorando as achegas que vaian xurdindo.