Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os alumnos e alumnas utilizarán documentos bibliográficos proporcionados polos docentes para ampliar os seus coñecementos sobre a materia.
Sesión maxistral As exposicións orais do profesorado servirán como guía da materia.
Traballos tutelados O alumnado, coa axuda do/a docente, deberá desenvolver unha proposta didáctica co obxectivo de poñela en práctica.
Proba obxectiva Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno ou alumna durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.