Metodoloxías
Traballos tutelados
Práctica de actividade física
Descrición
Práctica de actividade física

Na posta en práctica das sesións de actividade física, o profesor observará aos alumnos que están a impartir a sesión e realizará a cada un observacións sobre a forma de pór en práctica as distintas actividades. Ao final de clase, poranse en común co resto do grupo aqueles aspectos destacables relacionados coa docencia que xurdisen no desenvolvemento da sesión.


Traballos tutelados.

Para a súa realización os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.