Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Trátase de realizar algún debate sobre temas específicos da materia, fundamentado nos coñecementos da mesma.
Proba mixta Elaboración dunha proba que recolla preguntas de comprobación dos contidos da materia
Lecturas Exposición oral dos contidos básicos da materia
Traballos tutelados Baixo a supervisisón do profesorado, os estudantes deberán analizar, deseñar e planificar programas educativos para persoas adultas nos diferentes ámbitos de intervención: Alfabetización, Multiculturalidade, Xénero, Vellez, Discapacidade...
Todos os traballos serán expostos na clase no mes de Maio.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Análise de fontes documentais Análise do contido de fontes documentais que sirven de apoio: textos lexislativos, reportaxes, películas, experiencias, etc.