Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Estudo de casos
Sesión maxistral
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Na atención personalizada o profesorado resolverá as dúbidas que teña o/a alumno/a sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como no estudo de casos e prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A15 e P1A19) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento como na Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ESTUDANTADO E PROFESOR. ESTA ATENCIÓN TEN QUE SER INDIVIDUAL (PARA CUMPRIR ASÍ AS RECOMENDACIÓNS ORIXINADAS POLO COVID-19). PODEN SER GRUPAIS PERO A TRAVÉS DE TEAMS (estas para o estudantado presencial)
PARA PODER ORGANIZAR DITA ATENCIÓN. O ESTUDANTADO DEBE COMUNICARSE PRIMEIRAMENTE COA PROFESORA VÍA CORREO ELECTRÓNICO (NESE CORREO SOLICITARÁ UNHA TUTORIA INDIVIDUAL OU GRUPAL). LEMBRADE QUE AS PROFESORAS SON AS QUE MARCARÁN O HORARIO DE DITA TUTORIA. SE O ESTUDANTADO NON ENVÍA ESE CORREO ELECTRÓNICO, AS PROFESORAS NON O ATENDENRÁN BAIXO NINGUNHA CURCUNSTANCIA.