Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 A15 B1 B5 B6 C3 C4 Avaliación da breve proposta educativa de traballo para os medios de comunicación na que se conecte o produto audiovisual creado. Entre os criterios de avaliación está que na proposta os medios de comunicación sexan obxecto de estudo e non só recurso educativo; que na proposta se traballen algún dos aspectos da Educación para o desenvolvemento e a dimesión global; que na proposta se traballen as dimensións da educación mediática, tendo en conta a vertente da análise e da creación; que se describan actividades concretas; conexión dos contidos traballados nas clases e o aprendido co estudo de caso.
30
Estudo de casos A5 A11 A13 B1 B6 C1 C3 C4 C6 Avaliación da investigación dun producto mediático. A investigación terá como guía a resposta a catro preguntas claves da educación mediática sobre o caso elixido libremente e centrado nalgún produto mediático de interese para os estudantes. Entre os criterios de avaliación está a resposta ao maior número posible de aspectos que se recollen para cada unha das catro preguntas e a conexión cos contidos traballados nas clases.
35
Presentación oral A15 B1 B5 B6 C1 C3 Avaliación da presentación do produto mediático creado. O produto mediático consistirá nun producto audiovisual dun xénero elixido libremente no que se lle dará voz a colectivos silenciados nos medios de comunicación de masas conectando a educación mediática coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Entre os criterios de valiación están que o guión acade claramente o obxectivo de dar voz a colectivos silenciados e que sexa apropiado ao formato elixido; a calidade técnica e estética; que a presentación sexa atractiva onde se conte o proceso de creación e as aprendizaxes acadadas; e a intervención de todos os membros do grupo.
35
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo de avaliación por traballos tendo que ter ao menos 5 puntos en cada un deles (proposta individual, estudo de caso en grupo e produto mediático en grupo) para aprobar.

Os estudantes que non asistan de manera  xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que realizar os tres traballos de forma individual e un examen escrito. As porcentaxes serán as seguintes: Tres traballos individuais (proposta, estudo de caso e produto mediático) cada un 10% da nota tendo que obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para aprobar; examen escrito 70% tendo que obter un mínimo de 5 puntos no mesmo para aprobar. Este modelo de avaliación aplicarase tamén ao alumnado asistente que suspendera e aplicarase tamén na 2º oportunidade de xullo.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a tempo parcial como a dispensa académica especial terán que asistir ao 100% das clases expositivas sendo avaliados da seguinte manera: Tres traballos individuais (proposta, estudo de caso e produto mediático) cada un 30% da nota tendo que obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para aprobar.