Temas Subtemas
1.- Introdución ao Traballo Fin de Mestrado Indicacións sobre a elección de tema e titores e sobre o Regulamento do Traballo Fin de Mestrado (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html).
2.-Entrega da Proposta do Traballo Fin de Mestrado. O alumno/a deberá cubrir a "Proposta de Traballo Fin de Mestrado" (Anexo I do Regulamento do Traballo Fin de Mestrado) que pode atopar no seguinte enderezo http://www.mastermais.udc.es/?wpfb_dl=51. Unha vez cuberto entregaráse, mediante correo electrónico, á secretaría do centro (decanato.csaude@udc.es) e á coordinación do mestrado (mastermais@udc.es). A data límite de entrega será o día de remate das actividades académicas do primeiro cuatrimestre.
3.- Elaboración do Traballo Fin de Mestrado. Realización do Traballo Fin de Mestrado mediante a supervisión dun titor.
4.- Exposición do Traballo Fin de Mestrado Defensa pública ante tribunal do traballo ou proxecto de investigación titorizado no ámbito da investigación clínica, que debe contar co informe previo favorable do titor.