Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba que se realizará ao final do cuadrimestre para avaliar a expresión escrita e a comprensión lectora do alumno ademais do seu dominio de gramática, sintaxe e campos semánticos especializados.

Modalidade online: Os estudantes do modo en liña realizarán unha proba obxectiva coas mesmas características.
Obradoiro Clases prácticas nas que o alumnado traballará en clase co material necesario e recibirá a información precisa para o desenvolvemento das súas habilidades de comunicación, tanto a nivel escrito como oral.

Modalidade online: o contido facilitarase a través da plataforma Moodle e realizaranse sesións prácticas a través de Teams, que serán gravadas para facilitar a súa posterior visualización.
Proba oral
Diferentes actividades orais improvisadas e guiadas (actividades de rol, discusións sobre artigos, diálogos guiados ...) que se realizarán ao longo do cuadrimestre para avaliar as habilidades de comunicación oral do alumno, mellorar a fluidez e a expresión espontánea.
Modalidade online: sesións orais a través de Teams.
Lecturas Lectura de artigos relacionados co sector turístico para discusión e debate na clase.


Modalidade online: as dúbidas que xurdan en relación a estas actividades resolveranse mediante titorías en liña (Teams) e no foro de Moodle
Análise de fontes documentais Exercicios con material audio ou audiovisual.

Modalidade online: as dúbidas que xurdan en relación con estas actividades resolveranse a través de titorías en liña (Teams) e no foro de Moodle