Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor/a dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos, facilitar a aprendizaxe e favorecer a interacción entre o profesor/a e o estudantado.
Estudo de casos Realizaranse estudos de casos coa finalidade de ir preparando a avaliación dos coñecementos que ten o alumnado da materia, ao longo do curso. Realizaranse, a ser posible, en grupos de non máis de cinco alumnos/as.
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver o seu propio proxecto empresarial aplicando os coñecementos aprendidos nas clases teóricas. Así, deberá buscar a través de distintas fontes (escritas ou informatizadas) aquela información que lle permita analizar a viabilidade e desenvolver o proxecto. O devandito proxecto deberá ser entregado e exposto en clase nas últimas sesións lectivas.
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre celebrarase unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.