Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais.
Proba obxectiva Método de avaliación escrita dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas.
Saídas de campo Visitas a entidades e empresas culturais que permitan complementar os conceptos estudados en clase.
Portafolios do alumno Carpeta que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos: resumos, recensións críticas, traballos nos que demostran a capacidade de aplicación dos coñecementos aquiridos nas sesións maxistrais, conclusións de procuras de información utilizando as TIC por parte do grupo...
Presentación oral O longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado, de traballos autónomos, relacionados coa materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora.