Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O alumno debe coñecer as técnicas de análises de circuítos eléctricos, tanto de continua como de corrente alterna e sistemas monofásicos e trifásicos.

Así mesmo, para a completa comprensión dos principios das máquinas eléctricas, debe estar familiarizado cos conceptos e as leis que rexen o electromagnetismo e a inducción magnética

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse, realizarán e entregarán por vía telemática ou por medio dalgún soporte informático. En caso de ser necesario o realizalos en papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores