Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 A cualificación será a suma da nota correspondente á asistencia e avaliación das prácticas de taller, que se valorarán entre 0 e 5 puntos, e a nota dun exame final (proba de resposta múltiple), que se valorará tamén entre 0 e 5 puntos. 25
Traballos tutelados A20 B2 B4 B5 B13 B15 B17 B7 B6 C1 C3 C5 C7 C11 A cualificación corresponderá á avaliación da extensión e calidade dos traballos presentados (2), que se valorará entre 0 e 10 puntos. 50
Proba obxectiva A20 B2 B13 B16 B17 B6 C1 C3 C5 C7 C8 C9 C11 Esta proba consiste na resolución de problemas e/ou ítems, e computarase entre 0 e 10 puntos. 25
 
Observacións avaliación

Nota da materia = [Proba obxectiva (teoría e problemas) * 0'25]   [(Prácticas de laboratorio) * 0'25]   [(Traballo tutelado nº 1) * 0'25]    [(Traballo tutelado nº 2) * 0'25].

Na presentación da materia (primeiro día de clase) poderanse indicar actividades adicionais e voluntarias cuxa valoración se sumará á nota da materia. En calquera caso, a nota da materia non poderá ser superior a 10 puntos.

No caso de estudantes a tempo parcial, realizarase unha avaliación periódica e continua, con probas obxetivas e problemas, tras impartir cada tema da materia. Na segunda oportunidade, todos os temas entrarán no exame. A asistencia ás clases de teoría e de problemas non é obrigatoria (exención do 100%), aínda que se lle ofrecerá total flexibilidade para asistir ao grupo que elixan; non obstante, a asistencia á clase práctica do taller é necesariamente obrigatoria (exención do 0%), aínda que tamén se lle ofrecerá completa flexibilidade de asistencia.