Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba de avaliación onde o alumno debe demostrar o seu nivel de aprendizaxe de forma obxectiva.
Obradoiro Proporcionarase ao alumno o material didáctico necesario para poder desenvolver os contidos da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía pensada para favorecer a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do profesorado e en ámbitos variados (académicos e profesionais). Refírese principalmente a aprender "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte do alumnado da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe autónoma do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe por parte do profesor-titor.