Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Recoméndase a todos os alumnos que acudan a titorías para aclarar cuestións relacionadas tanto coas clases de teoría como coas de problemas. No caso dos problemas recoméndase ademais que analicen con detalle os problemas resoltos e que traten de resolver os que se deixan sen resolver, consultando calquera dúbida ou dificultade.
No traballo tutelado existe o deber de asistir a un mínimo de entrevistas co profesor. Estas entrevistas teñen como obxectivo definir o seu contido e o seu alcance, así como comprobar o progreso do mesmo.
Os estudantes con dispensa académica poderán solicitar a realización das titorías nun horario diferente ao publicado na web da UDC.