Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B7 Corrección do exame de resposta múltiple, de acordo cos criterios que no seu momento se presenten.
O exame poderá computar ata nun 40% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 40% na súa valoración para poder aprobar a materia.
40
Solución de problemas B5 B7 C2 C4 C6 Proposta e valoración de traballos por parte do alumno/s.
Os casos poderán computar ata nun 20% da nota final de avaliación da materia;O seu caracter é voluntario.
10
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo.
Como a asignatura esta orientada á práctica, é imprescindible que os alumnos demostren a súa capacidade de análise global, co estudio dun caso específico reai.
A realizacion e exposicion do traballo e obrigatoria.
O traballo poderá computar ata nun 60% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, salvo repetidores do ano anterior que se lles gardará a nota.
50
 
Observacións avaliación

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será avaliado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante unha proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da Guía. Fara un traballo e a súa presentación a acordar cos profesores da materia, devandito traballo poderá ser individual ou grupal segundo o que se acorde co alumno segundo as súas necesidades. Así mesmo, establecerase unha pauta de tutorías consensudas co alumno para axudarlle a superar a materia. Na segunda oportunidade só terá que realizar a proba obxectiva.

Os alumnos que non seguiran a avaliación continua poderán ir a segunda oportunidade onde a avaliacíon global será o 60% da nota obtida na proba mixta.