Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición tradicional na aula mediante o uso de recursos audiovisuais: presentacións, vídeos, etc.
Os alumnos terán á súa disposición o material empregado no desenvolvemento das clases na páxina web da materia.
Solución de problemas Os temas relativos a mecanizado levan a resolución de problemas de cálculo de tempos e estimación das forzas e potencias consumidas no proceso.
Traballos tutelados Visita a unha empresa e recompilación de información sobre as tecnoloxías de fabricación empregadas no seu proceso produtivo.
Prácticas a través de TIC Resolución de problemas en computador. Realizaranse na aula de informática.
Proba mixta Con preguntas teóricas e resolución de problemas.