Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a
introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir
coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Formúlase a realización dun conxunto de exercicios en autocad.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnado fórmase traballando en necesidades reais da súa contorna coa finalidade de melloralo.
Suscitarase aos alumn@s matriculados na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O alumn@ poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou os exercicios evaluables de practícalas a través das TIC , é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal forma que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para cada actividade, é dicir, 20 horas de traballo presencial e 40 horas de traballo autónomo.
Prácticas de laboratorio Solución de problemas. Exponse a realización dun conxunto de exercicios, que se entregarán semanalmente
Solución de problemas Solución de problemas. Exponse a realización dun conxunto de exercicios, que se entregarán semanalmente
Proba mixta Exponse unha proba a final de curso, de carácter eminentemente práctico, na que se reflictan o criterio e destreza adquiridos. Os exercicios para a avaliación serán aplicacións de casos nos que a resposta debe plasmarse, fundamentalmente, de modo gráfico. Non se expoñen avaliacións parciais, aínda que poderán establecerse sistemas que permitan a liberación de parte da materia.