Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 B5 B6 C1 C3 C6 Os traballos tutelados consistirán na realización dun plan de empresa repartido en varias entregas ao longo do curso. 20
Proba mixta A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 Proba ou probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. 70
Solución de problemas A6 B5 B6 C1 C3 C6 A solución de problemas comprende tanto a realización de problemas, como as prácticas a través de TIC e o estudo de casos. As profesoras elixirán a metodoloxía máis axeitada para o desenvolvemento dos contidos da materia. 10
 
Observacións avaliación

A materia dividese en duas partes: a primeira parte recolle os bloques I e II e a segunda os bloques III e IV.

Os alumnos elixirán ao comezo do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. A avaliación continua supón a asistencia a clase e a realización da solución de problemas e dos traballos tutelados.

No caso de avaliación continua:

Realizarase unha ou varias probas obxectivas para cada unha das partes. A avaliación de cada parte se realizará de forma independente cos baremos establecidos no recadro anterior.

Para a cualificación final da materia requírese aprobar ambas partes e que as probas obxectivas teñan unha nota igual ou superior a 4 puntos
para facer media coa avaliación continua (solución de problemas e traballos tutelados) e coa outra parte da materia.

No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria e/ou de segunda oportunidade (xullo), gardándose as notas dos traballos tutelados e da solución de problemas ata a convocatoria de segunda oportunidade.

No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua, a calificación final será a nota obtida no exame final da convocatoria ordinaria ou de segunda oportunidade. Tendo en ámbolos casos a valoración de 70/100.

Nota: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado en función
das súas particularidades específicas.