Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

O profesor indicará os puntos mais relevantes do tema a efectos de orientación no coñecemento
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos prácticos tutelados durante o curso que terán que expoñer en clase para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para o desenvolvemento da profesión

Nos traballos terase en conta:
- Estrutura
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición

A realización das prácticas e traballos da materia é obrigatoria. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unha simulación práctica do proceso de construción dun buque, centrándose nos principais procesos de fabricación e montaxe

A realización da simulación práctica da materia é obrigatoria. A non superación da mesma impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso
Saídas de campo Visita a Estaleiros e empresas vinculadas aos procesos de fabricación e montaxe do sector Naval
Estudo de casos Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Ademáis de outras actividades complementarias: visita a estaleiros, talleres e instalacións
Proba obxectiva Proba escrita sobre os contidos da materia
Proba práctica Proba que inclúe a resolución dun ou varios problemas que teña como resultado a aplicación práctica fundamentada nas clases prácticas e de laboratorio
Obradoiro Participación con aproveitamento en sesións ou eventos sobre os procesos de fabricación ou montaxe na construción naval