Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A39 B4 C1 C2 C4 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos na clase e exposición e defensa en público.

Terase en conta:
- Estrutura do traballo
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición
- Referencias
30
Saídas de campo A38 A39 B2 B3 B6 C4 C5 Visita con aproveitamento a estaleiros e empresas vinculadas aos procesos de fabricación ou montaxe do sector Naval 5
Proba obxectiva A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 Proba escrita sobre os contidos da materia 30
Obradoiro A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 Participación con aproveitamento en sesións ou eventos sobre os procesos de fabricación ou montaxe na construción naval 5
Proba práctica A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 Proba que inclúe a resolución dun ou varios problemas que teña como resultado a aplicación práctica fundamentada nas clases prácticas e de laboratorio 30
 
Observacións avaliación
Na 1ª e 2º oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 4 en ningunha das metodoloxías, ademais de ter unha asistencia ás actividades presenciais superior ao 80%. A nota final é: 

(0,30 Proba Práctica + 0,30 * Proba obxectiva + 0,30 * Traballos +0,10 * Participación ) / (Número de notas inferiores que 4 + N * 1) 

onde N=1 para asistencia maior ou igual que o 80% e N=2,2 para o caso contrario. 

Alumnos con Dispensa Académica ou nas Convocatorias extraordinarias: Realizarase mediante dúas probas selectivas presenciais que engloban os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia.
A nota final é: 

 ( 0,5 * Proba obxectiva + 0,5 * Proba práctica ) / (Número de notas inferiores que 4 + 1)

Nota:
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). 

O alumnado nesta situación será avaliado mediante unha proba obxectiva na mesma data que o resto de alumnos ou ben en data aprobada na Xunta de Escola.

En calquera caso é condición necesaria para todos os alumnos a asistencia e superación das prácticas e traballos obrigatorios da materia. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso académico, tanto en primeira como en segunda oportunidade.