Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva dunha hora de duración na que se presentará a asignatura e expoñerase con detalle o traballo a realizar durante o cuatrimestre, así como os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Exposición oral e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da asignatura.
Obradoiro Sesións sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de aclarar puntos claves e/ou dúbidas dos/das alumnos/as. Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, casos clínicos, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado
Proba de resposta múltiple 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección por respostas non acertadas.