Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Ortesioloxía dixital e calzadoterapia | Código | 750G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A22 | O día do exame escrito facilitarase a información sobre a puntuación das preguntas. | 60 |
Sesión maxistral | A22 B7 C7 | A asistencia as aulas de sesión maxistral é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia e non se poden recuperar ou sustituir por outras tarefas da materia. | 5 |
Foro virtual | B7 C7 | As actividades relacionadas co foro virtual son optativas e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A puntuación no foro virtual (FV) especificarase o día da presentación da asignatura e estará a disposición do alumnado no FV da asignatura. |
10 |
Prácticas de laboratorio | A22 B7 C7 | A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas. Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas. |
10 |
Seminario | A22 B7 C7 | As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Na presentación da materia Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte: 1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: 1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. 2.PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA
3.SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:
4. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO
|