Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Mestrado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade onde se lle explicará ao alumno en que consistirá o seu Traballo de Fin de Grao, se lle proporcionará orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo.
Resumo O alumno deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda a labor realizada durante o TFM. Dita memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía, todo elo a un nivel especializado. Asemade, cando menos un resumo inicial e as conclusións do TFM deberán estar redactadas en inglés.
Presentación oral Defensa oral do proxecto ante o tribunal de avaliación. Realizarase nun acto público e o alumno terá que defender o seu traballo durante un tempo máximo de 10 minutos seguido dunha quenda de preguntas dos membros do tribunal.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo individual e autónomo do alumno, orientado polo titor do proxecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes