Seminario |
Consisten en sesións interactivas (grupo reducido) nas que o profesor plantexa exemplos concretos relacionados coas sesións maxistrales. Realizarase o estudo de casos e fomentarase o debate entre os alumnos e o manexo de diversa documentación científica.
Tamén se levarán a cabo sesións na aula de informática, para realizar actividades de obtención de información científica usando bases de datos en red. |
Traballos tutelados |
En sesións de grupo reducido o alumno terá que resolver, de forma individual ou grupal, os problemas plantexados polo profesor, quen tutelará o traballo continuo do alumno. Trataranse problemas que relacionan a Química cos medios de comunicación, coa saúde, alimentación, medio ambiente, etc., fomentando o debate e discusión entre os alumnos, que deberán realizar un informe final, ou presentación oral, do traballo desenvolvido de xeito independiente polos alumnos e tutelado polo profesor.
|
Proba mixta |
Examen final no que se inclúen preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. Preténdese avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, así coma a súa capacidade de razoamento, síntese, redacción e espíritu crítico.
|