-Non se avaliará positivamente se nalgunha das dúas probas non se acada un mínimo de 3 puntos sobre 10
-A nota mínima de aprobado é de 5 sobre 10 no promedio ponderado
- Para ter en conta as cualificacions nas distintas actividades suxeitas a avaliación, é necesario obter a cualificación mínima indicada anteriormente en cada unha delas. Polo tanto, de non alcanzarse dita puntuación mínima nalgunha das actividades, ainda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4.5).
-Para a segunda oportunidade de avaliación no curso, poderáse conservar unha das dúas cualificacións (cun mínimo de 5 puntos sobre 10), pero non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso.
-Recibirán a cualificación de "non presentado" aqueles alumnos que non asistan ás prácticas de laboratorio
-Para a superación da materia é imprescindible que o alumno participe tanto nas prácticas de laboratorio como na proba mixta.
-Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira oportunidade.
Datas provisionais de exames:
-Primeira oportunidade: consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade
-Segunda oportunidade: consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade