Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioquímica: Bioquímica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 B2 B3 B7 B8 Esta proba obxectiva constará de dúas partes, en función das características dos distintos temas, así como da dinámica do grupo.

- Coñecementos teóricos (test, definicións, cuestións de relacionar)

- Problemas (resolución de casos prácticos)

En ambas as dúas partes será necesario alcanzar o 50% da nota para superar a proba obxectiva.
80
Prácticas de laboratorio A8 A30 A31 B2 B5 B7 As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade de asistencia OBRIGATORIA para superar a materia.

A avaliación consistirá nunha proba obxectiva na que se formularán casos prácticos concretos, relacionados cos ensaios de Biomoléculas, utilización das distintas técnicas e métodos para cuantificar e identificar estas, así como do manexo dos aparatos empregados durante as distintas prácticas.

Serán avaliados, ademais, a capacidade de representación gráfica de datos, interpretación de resultados., así como a de capacidade de discusión destes, para o cal será condición necesaria o emprego dunha linguaxe científica correcta.
20
 
Observacións avaliación
CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO
A.-Para superar a materia será necesario alcanzar o 50% dos puntos, en cada unha das actividades avaliables: Teoría, Problemas e Prácticas.
B.-MATRÍCULA DE HONRA: Tendrán prioridade para optar a MH aqueles alumnos que se presenten na primeira oportunidade (exame oficial de Xuño).

CONVOCATORIA OFICIAL DE XULLO
A.-Para superar a materia será necesario alcanzar o 50% dos puntos, en cada unha das actividades avaliables: Teoría, Problemas e Prácticas.
B.-Aquellos alumnos que non realizasen a totalidade das prácticas (sen xustificación), terán un Suspenso na calificación global.

De cara á Cualificación Final (en calquera das 2 Opcións: Xuño ou Xullo), se a suma das notas é Maior de 5 pero algunha das partes (TEORÍA/PROBLEMAS/PRÁCTICAS DE LABORATORIO) está suspensa, nas Actas aparecerá un 4,9.

CONSIDERACIÓN DE NON PRESENTADO (NP): Nas 2 Opcións de Xuño e Xullo un NON PRESENTADO será aplicable cando o alumno non se presente a ningún dos exames das actividades avaliables.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes