Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Iniciación á Botánica: Botánica xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A7 A19 A29 C3 Avaliarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver.
65
Estudo de casos A1 A2 A4 A22 A32 B6 B12 C3 Avaliarase a calidade e presentación do material de herbario das 12 especies entregadas.
10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A19 A29 A30 A31 A32 B1 B6 B8 B12 C1 Avaliarase o cuestionario que o alumno deberá completar nas prácticas.
20
Seminario A1 A7 A19 A29 B1 B6 B8 C1 C3 Avaliarase o traballo realizado polo alumno nas sesións interactivas así como a súa actitude e participación nas mesmos.
5
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación da menos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita. Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ao utilizado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes