Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Botánica sistemática: Criptogamia
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A2, A4, A20, A22, A27, A32, B1, B4, B6 20
Field trip A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A2, A20, A22, A27, A32 10
Laboratory practice A9 B1 B7 B8 Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A9, B1, B7, B8 20
Guest lecture / keynote speech A1 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B8, B9 49
Seminar A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, B1, B3, B7, B8, B9, B11 1
 
Assessment comments

O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE HORAS PRESENCIAIS E NON PRESENCIAIS AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN. É FUNDAMENTAL QUE O ALUMNO ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE ADICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 50 HORAS PRESENCIAIS E 100 HORAS NON PRESENCIAIS. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARA O EXAME DE TEORÍA.

Para obter a cualificación de "non presentado" o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas.Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións.Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade.As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. O estudante que suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes