O obxectivo xeral desta asignatura é introducir aos alumnos á realidade do sector da distribución comercial, facendo fincapé na xestión estratégica desta área do marketing e nas oportunidades que supón para a mellora competitiva das organizacións e para a satisfacción dos seus clientes. Para tal fin, se introducirán o marco teórico e institucional, as grandes tendencias derivadas da internacionalización e aplicación de novas tecnologías da información e a comunicación no sector, e as expectativas das partes interesadas nunha xestión sustentable da cadea de suministro. Neste contexto se explicarán o funcionamento e dinámicas dos diferentes tipos de canais de distribución, intermediarios e formatos comerciáis, a relevancia do merchandising e da loxística minorista, e os aspectos éticos e legáis da distribución comercial.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías