Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (plan 2012)
 Asignaturas
  Prácticas externas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas A realización das Prácticas externas complementa a formación global do/a estudante ofrecendo unha aplicación práctica dos contidos aprendidos ao longo do MAXE, aproximándoo á realidade laboral en diferentes facetas.O/a estudante terá que realizar as tarefas que se lle encarguen na entidade colaboradora, destinadas a completar á sua formación teórica no Máster, e contará con un titor na propia entidade e outro na Facultade de Dereito.

Ao finalizar a estadía práctica, o/a estudante deberá realizar unha memoria co visto e prace do titor da empresa.

Deberá terse en conta o previsto no Regulamento de Prácticas externas da UDC, concretamente o seguinte:

Artigo 34. MEMORIA E ENQUISA FINAL DAS PRÁCTICAS DO ALUMNADO
Ao concluír as prácticas, e no prazo establecido polo centro, o/a alumno/a remitirá ao/a
titor/a académico/a da Universidade da Coruña a seguinte documentación:
1) Unha memoria final de prácticas de conformidade co modelo establecido pola
Universidade da Coruña en que figuren, como mínimo, os aspectos seguintes:
a) Datos persoais do/a alumno/a.
b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas e onde está situada.
c) Descrición concreta e detallada das ta
refas desenvolvidas con indicación do ou
dos departamentos/s da entidade onde se realizaron.
d) Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias
adquiridos respecto dos estudos universitarios.
e) Relación dos problemas presentados e procedementos seguidos para a súa
resolución.
f) Contribución que supoñen as prácticas en materia de aprendizaxe.
g) Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
h) Outros aspectos que o centro considere relevantes para a formación do/a
alumno/a.
No caso das prácticas internacionais, e de conformidade co convenio ou programa aplicable, o informe final debe ser achegado polo estudante.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes