Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (plan 2012)
 Asignaturas
  Prácticas externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A2 A3 A4 A5 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B2 B14 C3 C5 C6 C7 A valoración das prácticas externas dependerá principalmente do cumprimento efectivo do número mínimo de horas previstas para a realización do módulo. Así mesmo, da calidade e eficacia do labor desenvolvido. 100
 
Observacións avaliación

Ademais, da realización do numero mínimo de horas (300 horas) terase en conta a efectos da nota final, os seguintes aspectos: 1) A calidade e eficacia do labor realizado que se deducirá a partir do informe do titor da empresa.
2) A calidade da memoria de practicas externas que deberá entregarse ao finalizar as mesmas.
3) A entrevista co titor que deberá realizarse na Facultade na que se hara entrega da memoria de practicas.

Ademais, deberá terse en conta a previsión do Regulamento de Prácticas externas, concretamente o seguinte:

Artigo 35. AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS, RECOÑECEMENTO ACADÉMICO E
ACREDITACIÓN.
1.- As prácticas curriculares serán avaliadas polo/a titor/a académico/a da universidade,
segundo o procedemento establecido polo centro, tomando como base o seguimento do/a
alumno/a levado a cabo, o informe da persoa responsable da titorización na entidade
colaboradora, os informes de seguimento emitidos e a memoria final elaborada polo/a
alumno/a. Para estes efectos, o/a titor/a redactará o correspondente informe de valoración.
A sinatura da acta de cualificación oficial corresponderá ao/a profesor/a coordinador/a da
materia de prácticas. En todo caso realizarase de conformidade coa normativa vixente sobre
sinatura de actas e sistema de cualificacións oficiais.
O réxime de convocatoria será o previsto con carácter xeral na normativa académica, aínda
que a convocatoria extraordinaria estará condicionada ao calendario académico e ás
particularidades das prácticas de cada plan de estudos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes