Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Comunicación oral e escrita
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliografía da materia, ben como a realización de probas de avaliación inicial.
Sesión maxistral O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos cuxo coñecemento será exixido tanto para a realización das prácticas como nas probas escritas.
Obradoiro O alumnado deberá realizar individual ou grupalmente as actividades propostas polo/pola docente.
Presentación oral O alumnado terá que realizar probas de comunicación oral.
O/a estudante non poderá superar a materia sen a realización destas prácticas.
Lecturas O alumnado deberá realizar as lecturas obrigatorias sinaladas en cada tema. Alén disto, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ler e analizar previamente os textos que se indiquen para cada sesión.
Traballos tutelados Será preciso elaborar un traballo tutelado segundo as pautas definidias polo/a docente ao inicio do cuadrimestre.
Proba mixta O alumnado deberá realizar unha proba en que se avalíe a súa asimilación dos contidos tratados nas sesións maxistrais. Para a superación da materia será preciso obter un 4 sobre 10 nesta proba.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes