Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Teoría e crítica nos estudios literarios
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura. E distinguir a crítica da teoría como dominios da ciencia da literatura. AM1
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM2
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e críticos. AM4
Aplicar as técnicas de análise cultural aclarando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM5
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM6
Considerar a convencionalidade do concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, as ciencias e as artes, no marco da diversidade cultural. AM7
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios e culturais. AM8
Ser capaz de realizar achegas creativas e persoais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais AM9
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados ao ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BM1
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BM4
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. BM7
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BM5
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. BM8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BM9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita de un idioma estranxeiro. CM2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras, sempre baixo os principios democráticos da distribución xusta da riqueza, a igualdade social e o equilibrio do ecosistema. CM5
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance cultural e socioeconómico da sociedade. CM8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes