Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura. cultura e sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A6 A8 A10 A12 B3 B5 Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida A4 A11 B1 B4 C1 C2 C4 C8 Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados A3 A5 A13 B7 B8 B9 C3 C6 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 30
Lecturas A1 A6 A7 A12 B5 C8 Para alén da eventual presentación oral dunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. 20
Presentación oral B4 C1 C2 C3 Correspóndese com os resultados e procedimentos do traballo tutelado e, eventualmente, coa estrutura e os contidos principais do texto breve atribuído polo profesor no inicio das sesións para a leitura analítica por parte do alumno/a.
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos.
20
 
Observacións avaliación



Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo
tutelado.



A
avaliación

do seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en
conta non apenas os itens referidos no lugar correspondente mais
tamén, de maneira transversal, as competencias lingüísticas,
argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo
do proceso de ensino-aprendizaxe.


Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no início das sesións.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica realizarán ou
entregarán as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar na altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non realize e
expoña o traballo tutelado e as leituras encomendadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes