Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado.
A avaliación do
seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en conta non apenas
os itens referidos no lugar correspondente mais tamén, de maneira transversal,
as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa
demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Todas as actividades
deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no
início das sesións.
As persoas
matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica
realizarán ou entregarán as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.
Se houver criterios
específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán
oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia na sala de aulas ou a través do moodle. O docente
fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento
de cada unha das actividades previstas.
As persoas que non
superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán entregar na
altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de
avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado
responsábel da materia.
Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non realize e expoña o traballo tutelado e as leituras encomendadas.