Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura española e hispanoamericana: Xéneros
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo tutelado pola profesora para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas.
Lecturas Ademáis dos textos de lectura obrigatoria (a Comedia e a Traxicomedia), a profesora indicará outras lecturas, obrigatorias ou recomendadas, para a asimilación correcta dos contenidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solucións de problemas, discusión dirixida, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta A través de preguntas de distinto tipo e de exercicios varios (esta vez sen axuda de materiais nin do profesor), o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e unha aproximación teórica aos temas principais, con indicacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios e as actividades. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes