IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima das probas obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Os alumnos que acaden máis dun 5 nas probas prácticas de "Use of English" feitas ao longo do cuadrimestre estarán exentos do exame de "Use of English" na proba obxectiva de xuño. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, podrá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.
AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que en xuño non superen a materia ou aqueles/aquelas que teñan menos dun 4 nalgunha das partes –aínda que a nota total sexa superior a 5– deberán ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter alcanzado as competencias da materia mediante a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito e defensa do mesmo en sustitución do"project", lectura de narracións breves e, e unha entrevista oral individual co profesorado. As instruccións e porcentaxes concretas faranse públicas despois da publicación das cualificacións finais en xuño.
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de "seminario", "lecturas", "traballos tutelados" e "portafolios".
Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar co profesorado para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de emailadi@udc.es.