Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tentará ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios. A exposición apoiarase sempre na lectura e análise dos textos literarios, e a intervención pertinente dos alumnos que o consideren.
Proba mixta Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a preguntas de certa amplitude; valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos de leitura.
Obradoiro Coa finalidade de aprofundar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.).
Traballos tutelados Traballo tutelado pola profesora da asignatura para promover a aprendizaxe autónoma (versará sobre algún aspecto relacionado co programa). Desenvolverase de acordo coas pautas que se establezan no seu momento e axustarase ás características formais marcadas.
Lecturas As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia, non so dos textos fundamentais que se estudan, senon tamén de artículos críticos e bibliografía complementaria.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes