Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 Na data que a profesora estableza (en razón do avance dos contidos), o estudante debe entregar un traballo escrito no que comentará con certa profundidade algún dos textos breves de lectura, sempre en relación con outros do mesmo autor e/ou xénero literario. Nunha primeira fase, deberá apresentar un esquema e os obxectivos que se propón; seguindo as suxerencias, anotacións e correccións da profesora, elaborará logo formalmente o traballo, que se aterá ás pautas fixadas. Valorarase a correcta presentación e a organización dos contidos, así como que o alumno demostre a comprensión das leituras levadas a cabo (da bibliografía primaria e secundaria), a súa capacidade de reflexión crítica e os resultados ou aportacións do propio traballo. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C4 C7 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán varias preguntas centradas na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura e nas que o estudante debe aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos.
50
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C4 C7 Na aula realizaranse diferentes actividades nos obradoiros e algunha delas será obxecto de avaliación
Levaranse a cabo distintas actividades na aula que serán consideradas na avaliación. Así, realizaranse exercicios, en colaboración ou individualmente, nos que os estudantes deben aplicar os coñecementos vistos nas sesións maxistrais, reflexionar sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente), elaborar textos escritos que resuman ou desenvolvan algún tema dos tratados nas sesións expositivas ou na bibliografía... Algunhas desas actividades requiren non so da participación do estudante no obradoiro, senon dun tempo suplementario para elaborar os materiais cando deban ser entregados (tempo contemplado nas horas non presenciais).
20
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas establecidas, en soporte de papel e seguindo as normas para a entrega de traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados; o estudante recibirá a cualificación "Non Presentado" no caso de que non se presente á proba mixta.
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, está previsto que, ademáis de entregar o traballo tutelado, complementariamente o alumno dea conta do aprendido no obradoiro. O alumno realizará a proba mixta,

Dase por suposta a asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer
o mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe.

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde a un estudante de terceiro curso do Grao de español (non so se tomará en consideración, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fora da aula non estexa en consonancia coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes