Realizaránse controis de lectura, pois a súa realización é
imprescindible para a adquisición dos contenidos teóricos e prácticos, así como para as aplicación metodolóxicas da materia.
O plaxio da totalidade ou de
parte de traballos alleos, especialmente dos que figuran en internet, conlevará
a cualificación de 0
Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria
de xaneiro, terán que reelaborar na segunda oportunidade de xullo as
actividades cuxos resultados teñan sido insatisfactorios. Manteranse as calificacións
das actividades non reelaboradas. As porcentaxes das lecturas seguirán a ser
as arriba indicadas. Os alumnos que non teñan realizado o traballo ou non
se teñan presentado á proba mixta en xaneiro, presentaranse na segunda
oportunidade de xullo consonte ao mesmo sistema de avaliación.
Para aprobar a materia será preciso ter, como mínimo, un 4 na proba mixta.
Serán calificados en xaneiro
con Non Presentado (N.P.) aqueles estudantes que non se presenten á proba
mixta.
O alumnos aos que se lles teña
concedida a dispensa académica terán que realizar as mesmas actividades que o
restante dos da aula (, xa que non se reserva ningunha porcentaxe da avaliación á asistencia e
participación na aula.