Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Literaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A16 B1 B2 B9 B10 C8 C3 Dado o carácter práctico e metodolóxico da asignatura, valorarase especialmente a asistencia e a participación activa nas aulas.
10
Proba práctica A1 A2 A11 A14 A17 B6 C1 C3 Proba evaluable, de carácter práctico, onde se demostrarán as habilidades e destrezas aprendidas no curso. 50
Prácticas a través de TIC A2 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B7 C3 Corresponde ao traballo colaborativo desenvolvido nas aulas e, no seu caso, aos traballos prácticos encomendados polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores
porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte
reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba práctica que cada
estudante realizará ao finalizar o curso. En todo caso, para
aprobar unha materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta
proba que, como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por
exemplo, un 3 nesta proba final non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de
actividades e por asistencia e participación.).

2. O 40% obterase pola realización de actividades durante o curso. Dependendo do número de estudantes, a avaliación puidera ser por medio dun traballo práctico encargado polo profesor e que deberá entregarse antes da proba práctica final.

3. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e
desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu
aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica
aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será
froito dunha avaliación semellante. No caso da segunda oportunidade, gardaranse as cualificacións superadas na primeira.

5. É ineludible a realización da proba práctica final para obter
cualificación. No caso de non facela, a persoa recibirase a cualificación de Non Presentada (N.P.).

6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con
dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica
vixente, as actividades alternativas que se determinen.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes