Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Galega |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega | Código | 613G02012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Segundo | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 | Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. | 5 |
Proba mixta | A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas, etc. Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro, en data que se acordará nas aulas; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
40 |
Análise de fontes documentais | A1 A9 A11 A15 | Lectura, análise e comentario de códices, textos e/ou paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...). Cada estudante realizará varias destas actividades en forma de presentación oral na aula ao longo do curso; unha delas presentarase por escrito. |
15 |
Seminario | A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 | Valorarase a asistencia e a participación efectiva nas sesións desenvolvidas en forma de seminario. | 10 |
Traballos tutelados | A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 | Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado, e a súa presentación oral na aula. | 20 |
Recensión bilbiográfica | A2 A4 A9 A11 A14 B1 B3 B5 B7 B9 C6 | Recensión dun artigo de carácter académico. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior. 1. OPORTUNIDADE DE XULLO. Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente.O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 2. NON PRESENTADO. Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 3. DISPENSA ACADÉMICA. Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Proba mixta (50%). 2. Análise de fontes (20 %), coa presentación dunha actividade por escrito e outra oralmente. 3. Traballo titorizado (20 %), que incluirá a presentación oral. 4. Recensión (10 % da avaliación). Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.es) antes do día 30 de setembro. 4. ALUMNADO REPETIDOR. O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.es antes do día 15 de setembro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica. |
|