Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B9 C2 C3 C6 Teredes que facer dúas tarefas distintas que se avaliarán por separado:

(1) un CV profesional para o/a lector/a (20%) e
(2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA para a coordinadora (20%).

En clase, en Moodle e nas titorías dos nosos despachos, darémosvos as pautas necesarias para os traballos. O CV deberá seguir os parámetros elixidos polo/a lector/a. O traballo coa lista MLA, deberá incluír o TEMA elixido polo/a estudante ademais de: un libro dun/a ou máis autores/as, un capítulo nunha colección de ensaios de autores/as diferentes, un artigo de JSTOR e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO

Os/as docentes insistimos na ABSOLUTA NECESIDADE de que o alumnado aproveite as horas de clases e as titorías para aprender e consultar as súas dúbidas sobre estes traballos
40
Obradoiro B5 B8 C4 (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE.

Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
0
Sesión maxistral A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/ás ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO.

Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
0
Presentación oral B10 C1 A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora.

Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto.
10
Proba mixta A1 A2 A9 A14 B3 C5 As partes do exame organizaranse como segue:

-EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase.

-EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión.

-EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle.
50
Seminario A8 A12 B4 B7 (GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso .

Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).

0
 
Observacións avaliación

- Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 4 (sobre 10)
nos TRABALLOS TUTELADOS e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

- Os traballos deben entregarse en tempo e forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico).

- Os traballos que mostren signos de plaxio serán cualificados cun 0.

- O traballo voluntario
dos/as alumnos/as cualificarase engadindo unha porcentaxe EXTRA sobre a nota
final como segue: I) PARTICIPACIÓN ORAL EXTRAORDINARIA: clase da coordinadora
(+0.2); clase do/da lector/a (+0.2). II) PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL: farase
en clase da coordinadora nun evento chamado Talent Show--os detalles serán explicados en clase
(+0.3). III) ENSAIO DE INVESTIGACIÓN INDIVIDUAL sobre unha (ou dous) das
LECTURAS LONGAS (+0.3); o alumnado interesado nesta tarefa terá que dicirmo con
antelación; fixarei TRES ENTREVISTAS convosco no meu despacho ao longo do
cuadrimestre para discutir sobre o desenvolvemento do voso traballo. Os ensaios
que non fosen supervisados por min desta forma non serán aceptados. 

- En caso de folga de profesores/ás en días de clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o traballo dese/vos día/s.

- Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade, os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás.

- Para a oportunidade de
XULLO, haberá 2 traballos tutelados e 3 probas de exame ao igual que en xuño.
Ao non haber clases, a presentación oral / ou vídeo-proxecto poderá ser
individual.

- Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo.    

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes