Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Galega: Norma e Usos |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega: Norma e Usos | Código | 613G02038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro | Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral | Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Proba mixta | Proba escrita en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. Esta proba realizarase na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. |
|