Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 |
Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. |
20 |
Lecturas |
A2 A14 A20 B3 B6 B7 |
Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia. |
10 |
Traballos tutelados |
A2 A11 A14 A15 |
Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados.
Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia.
Para alón do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo. |
15 |
Recensión bilbiográfica |
A11 A15 |
Avaliación da adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. |
5 |
Presentación oral |
A11 A15 B3 B7 C2 |
Avaliación da capacidade expositiva e da profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados.
Para alen do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo. |
10 |
Proba mixta |
A2 A10 A11 A20 C2 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%
|