IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima das probas obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que acaden máis dun 5 nas probas prácticas de "Use of English" feitas ao longo do cuadrimestre estarán exentos do exame de "Use of English" na proba obxectiva de xaneiro.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación de 0.
Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.
AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que en xuño non superen a materia ou aqueles que teñan menos dun 4 nalgunha das partes –aínda que a nota total sexa superior a 5– deberán ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter alcanzado as competencias da materia mediante a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito e defensa do mesmo en sustitución do "project", lectura de narracións breves e, e unha entrevista oral individual co profesorado. As instruccións e porcentaxes concretas faranse públicas despois da publicación das cualificacións finais en xunio.
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.